O RALI SIERRA MORENA DE CÓRDOBA, PENÚLTIMA PROBA DE ÉDGAR VIGO E FÁTIMA AMENEIRO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RALIS

0 coment

Escrito el 4 de noviembre de 2011 por Bertinho en Rallyes

, , ,

A copiloto fenesa buscará confirmar o seu título de Campiona de España

O Equipo EVILSCRATCH formado por Édgar Vigo e Fátima Ameneiro atópase xa en terras andaluzas para continuar coa súa participación no Campionato de España. Despois da realización dos recoñecementos oficiais e das verificacións administrativas, o venres pasarán a participar na ceremonia de saída da proba dende o centro da cidade de Córdoba, para desprazarse ate a Serra Morena o vindeiro sábado.

Os treitos deste rali, novos para os feneses ao igual que no resto de probas do campionato, sí foron admirados tanto por piloto e copiloto xa que a pesares do que soese pensar en Galicia, son ratoeiros e de moi bo grip. Ademáis, a conxugación coa auga que está a caer estes días en Córdoba, fan deste un rali moi parecido aos do norte peninsular.

Fátima contábanos: “os treitos son moi bonitos e as sensacións personais son moi positivas, principalmente nos dous primeiros treitos nos que Édgar mellorou o seu seistema de anotación para ter una mellor descrición do asfalto. Esta será a penúltima proba para rematar o campeonato e loitarei con tódalas forzas por conquerir o posto mellor de copilotos femininas”.

Nas verbas de Édgar:”o rali preséntase moi interesante xa que fixemos una modificación no sistema de describir os treitos e creo que foi positivo. Deste xeito os dous promeiros treitos farémolo polo novo sistema e os dous restantes polo anterio para ver as diferenzas que atopamos. Durante os recoñecementos pareceu positivo este novo método e agardamos que así sexa. O más importante no rali será loitar polo título de Fátima e lograr obter un posto entre os 10 primeiros da copa”.

O equipo de asistencia de Scratch Fene xa está en Córdoba dende o martes facendo o bo traballo habitual para levar o coche aos mellores postos da clasificación.

Artículos Relacionados...

Deja un comentario