VII Slalom Nocturno SCRATCH RACING DRINK Fene

0 coment

Escrito el 10 de noviembre de 2011 por Bertinho en Noticias, Rallyes, Slalom

, ,


Comeza a funcionar a maquinaria da Escudería SCRATCH FENE para sacar adiante a súa proba raiña, O VII Slalom Nocturno SCRATCH RACING DRINK Fene. Dende o pasado día 3 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar na proba fenesa. Este período de inscrición prolongarase ate o día 30 de novembro, estando prevista a proba para o sábado 3 de decembro.

Esta proba automobilística, adoptou coma natural a data de final de tempada á que foi obrigada en edicións precedentes por motivos orzamentarios e a pesar de que este ano aínda foi máis compricado que os anteriores para obter o orzamento, grazas ao tesón do equipo organizativo e a colaboración das PEMES e comerciantes da nosa comarca, Fene voltará a ter a mellor proba do Campionato Galego de Slalom por séptimo ano consecutivo.

As espectativas do clube con respecto a esta edición son optimistas, xa que ao ser a última proba do campionato, este decidirase en Fene. Ademáis, trala edición de 2009, onde estrenábase por primeira vez o esquema dunha proba nocturna, comprobouse a maior espectacularidade da mesma.

Ademáis, SCRATCH FENE, colaborará na organización da II RUTA TURÍSTICO-SOLIDARIA DE FERROLTERRA que organizará SCRATCH GALICIA, para continuar coa realización de actividades automobilístico-solidarias, coma foi en 2009 a participación no Mongol Rally e a doazón de máis de 200 quilogramos de alimentos non perecedoiros e 200 litros de Coca Cola Light, na anterior edición deste evento. Novamente, recadaranse alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. Esta proba, grazas ao apoio de SCRATCH FENE, será puntuable para o Campionato Galego de Ralis de 2ª Categoría (regularidade) e poderán participar todas aquelas persoas que dispoñan de coche e carné de conducir.

Artículos Relacionados...

Deja un comentario